sábado, 14 de diciembre de 2019

Chega o Nadal!




O venres estivemos a facer o noso adorno de Nadal. Na clase de 5º A construímos unha bóla de neve!










Temos visita!


O día 10 de decembro coñecemos un pouquiño máis da Protectora de animais e plantas de Lugo.  Tivemos moitas visitas ese día no cole! Contamos con dúas das voluntarias de dita organización que nos explicaron en qué consistía a protectora, como debiamos actuar se atopamos un animal perdido, cal é a maneira de tratar aos animais, amosáronnos fotos, vídeos e mesmo nos contaron un bonito conto.

Por se fose pouco, trouxeron tres fermosos canciños ao cole e todos nós puidemos coñecelos e acariñalos.


Con todo isto puxemos en marcha a nosa campaña de Nadal. Dende o CEIP Laverde Ruíz levaremos a cabo unha recolecta para mellorar a vida de todos os animais da protectora. Para iso podedes doar diversidade de cousas: comida, xoguetes, chuches, deterxentes... animádevos a participar!






miércoles, 4 de diciembre de 2019

25 - N

Dende o noso cole rexeitamos totalmente a violencia de xénero e fixemos varias actividades para demostralo. Entre todos os alumnos/as creamos o noso lazo en sinal de protesta. 



Por outra banda, na aula de 5º A levamos a cabo un concurso de carteis. Cada alumno fixo o seu cartel reivindicativo e crearon verdadeiras obras de arte. 





sábado, 23 de noviembre de 2019

Todos xuntos!


Durante dúas semanas estivemos a facer un mural do outono cos alumnos de Educación Infantil. Con este traballo axudámonos uns a outros, compartimos e aprendemos moito, foi unha experiencia moi positiva para todos. O resultado foi un mural fermoso!









domingo, 17 de noviembre de 2019

Imos de excursión!


O día 15 de novembro fomos de excursión a Santiago de Compostela. A pesar da choiva e o frío, puidemos coñecer sitios moi interesantes. Visitamos a Xunta de Galicia e máis o Parlamento. Alí aprendemos moito sobre como se toman as decisións na nosa comunidade e ata nos sentimos os propios gobernantes por un anaco!









domingo, 10 de noviembre de 2019

Descubrimos o Braille!!


O venres estivemos a traballar co sistema de lectura e escritura Braille. Puidemos saber un pouquiño máis do día a día das persoas invidentes e así fomentar a inclusión e o respecto á diversidade.
Dende a ONCE deixáronnos un libro táctil e máis alfabetos para cada un de nós. Con todo este material puidemos mandar mensaxes aos nosos compañeiros e mesmo escribir en Braille o noso nome!










domingo, 3 de noviembre de 2019

Samaín


Celebramos o Samaín! Que ben o pasamos!











O Sistema Solar

Para coñecer máis profundamente o noso Sistema Solar fixemos unhas maquetas fermosas. Dividimos a clase en catro grupos e cada un deles tiña que representar un aspecto diferente do noso sistema: os planetas, os diferentes movementos, as capas da Terra e máis a Lúa.
Para rematar amosamos e explicamos o noso proxecto aos compañeiros, así todos aprendimos de todos.