miércoles, 26 de febrero de 2020

Entroido



A semana pasada celebramos o entroido no CEIP Laverde Ruíz. En 5ºA representamos o conto dos 101 Dálmatas e pasámolo moi ben!




Enciclopedia de animais



Tras longas investigacións, os nosos alumnos aprenderon un chisquiño máis dos animais. 

Cadaquén elixiu un animal e buscou información e curiosidades para despois expoñelo na aula e así aprendermos todos xuntos.



 Finalmente, fixemos unha enciclopedia  preciosa que xa forma parte da nosa biblioteca da aula!



Aprendemos mercando




Non existe mellor maneira de traballar os números decimais que facendo a compra.







jueves, 20 de febrero de 2020

CB BREOGÁN



Esta semana tivemos visita! Viñeron a vernos os xogadores, o adestrador e a mascota do CB Breogán e pasámolo xenial con eles.





Excursión!



O pasado mes de xaneiro fomos de excursión e coñecemos moitos sitios novos! Visitamos o Aquarium Finisterrae, a Domus e máis a Casa das Ciencias.