sábado, 20 de junio de 2020

Liñas do tempo


Como actividade final tiñades que diseñar a vosa propia liña do tempo, os resultados están sendo incribles.








domingo, 14 de junio de 2020

Última semana!

Boas tardes,

Pouquiño a pouco chegamos á última semana de curso e neste caso o traballo vai a ser totalmente diferente.

Sabedes o que é unha liña do tempo?  É unha ferramenta que nos permite ordenar de maneira moi visual unha serie de feitos ou acontecementos.

Esta semana ideas a facer a liña do tempo deste curso, nela cada un de vós marcará os feitos máis importantes ou os mellores momentos dende setembro ata xuño.
Déixovos unha serie de imaxes de liñas do tempo para que vos poidan servir como exemplo e máis unha pequena explicación.


                                  






Unha vez feitas, podedes enviarmas e subireinas ao blog como actividade de despedida do curso 2019 - 2020.


Antes de rematar quería darvos as grazas polo voso traballo nestes meses e polo curso en xeral, despedirémonos coa vídeo chamada do martes. Moito ánimo!

domingo, 7 de junio de 2020

Lévame a casa

Na clase de 5ºA traballamos a curtametraxe "Llévame a casa" e a partir de aí diseñamos uns fermosos carteis denunciando o abandono animal e promovendo a adopción de mascotas.




Seguinte semana

Bos días,

Imos a pola última semana de repaso, ánimo que xa non queda nada!!


Matemáticas


  • Esta semana imos a facer un repaso xeral, para iso realizaremos o repaso trimestral do libro, páxinas 170 - 171.

Lingua Castelá


  • Da mesma maneira que en matemáticas, imos a realizar uns exercicios de repaso xeral.
         Actividades de repaso

  • Tamén imos a recordar a división das oracións en suxeito e predicado facendo unha breve actividade. Para que vos resulte máis sinxela déixovos un pequeno vídeo explicativo.

          Actividad de sujeto y predicado                            Vídeo explicativo

Lingua Galega


  • Imos a realizar un xogo de escritura con dados, pero esta vez en galego.
         Actividad de escritura





Moito ánimo a todos e vémonos o martes na vídeo chamada!