lunes, 30 de marzo de 2020

Terceira semana na casa


Bo día,

para esta terceira semana na casa facilítovos as seguintes recomendacións.

Matemáticas:

  •  Realizar algunhas divisións e multiplicacións cada día con números decimais.
  •  Resolver un problema matemático diario, traballando e repasando así a resolución de  problemas.
  •  Repasar as divisións e multiplicacións entre 10, 100 e mil.


Para todo isto adxúntovos uns documentos con exercicios e as súas correspondentes solucións por se vos poden facilitar o día a día, pero calquera exercicio similar será útil e positivo para o traballo nesta semana. De igual maneira, tamén poden aproveitar os exercicios que aparecen no libro de matemáticas nos repasos acumulativos ou nos exercicios de repaso do final dos temas xa traballados na aula.


Exercicios de matemáticas

Problemas de matemáticas

Soluciones de los problemas




Lingua castelá e lingua galega:

                   
  •  A principal recomendación é ler, ler moito e ler cada día. Poden ler libros, noticias, contos, cómics... o que eles decidan e lles resulte motivador.
  •  Realizar resumos. Poden resumir un libro que leran, un capítulo dun libro, unha noticia ou mesmo unha película que viran nestas semanas, así traballan a comprensión e máis a escritura.
  • Adxúntovos outra serie de textos para dictados ou copias.
             Textos para dictados/copias
  • Finalmente, a actividade que vos propoño para esta semana é a seguinte:


Creación dun conto de aventuras. Para iso poden empregar o documento que aquí vos presento, facilitándolles a creación do conto.

           Creación dun conto

Esta historia debe ter unha lonxitude mínima de 13 liñas. Deben lembrar que ten que ter unha introdución, un nó e un desenlace, manter as marxes, coidar a ortografía, empregar comas, puntos, maiúsculas...  Podedes realizalo tanto en galego como en castelán.

Unha vez feita a actividade anterior van a diseñar un cómic representando o seu conto.

Deberá ter como mínimo 5 viñetas, cos seus correspondentes debuxos e diálogos, traballando así a parte artística e linguística.
Cando volvamos ao cole xuntaremos todos os cómics, amosarémolos aos compañeiros e crearemos un novo libro para a nosa biblioteca de aula.




Enlaces de xogos interactivos de repaso. 

Lembrade que son simplemente recomendacións por se vos poden facilitar o traballo, en ningún caso son obligatorios nin necesario o seu uso, debido a que cada un de nós ten unha situación  e uns medios diferentes.

Xogo de multiplicacións

Xogo de divisións

Xogo de repaso das tablas

Repaso do tema As plantas 



Moito ánimo para todos!


domingo, 22 de marzo de 2020

Nós quedamos na casa

Bo día,

Adxúntovos máis material para estas vindeiras semanas, espero que vos poida ser de utilidade.
En cada un dos documentos atoparedes actividades para realizar e as correspondentes solucións.

Moito ánimo para todos! Todo sairá ben!


Actividades de escritura 

Actividades de matemáticas

Textos para dictados

sábado, 14 de marzo de 2020

Traballo na casa


Recomendacións para traballar na casa os vindeiros días:


- Tempo de lectura diario, tanto en castelán coma en galego, así como escritura de pequenos textos, dictados...

- Repasar o tema 9 de matemáticas e realizar operacións de cálculo (divisións e multiplicacións).


A maiores, menciono unha serie de enlaces de xogos interactivos que poden empregar para repasar contidos.


Xogos de lengua castelá


Pronomes I

Pronomes II

Pronomes III

Pronomes IV


Xogos de matemáticas

Porcentajes I

Porcentajes II

Porcentajes III

Porcentajes IV