sábado, 23 de noviembre de 2019

Todos xuntos!


Durante dúas semanas estivemos a facer un mural do outono cos alumnos de Educación Infantil. Con este traballo axudámonos uns a outros, compartimos e aprendemos moito, foi unha experiencia moi positiva para todos. O resultado foi un mural fermoso!









domingo, 17 de noviembre de 2019

Imos de excursión!


O día 15 de novembro fomos de excursión a Santiago de Compostela. A pesar da choiva e o frío, puidemos coñecer sitios moi interesantes. Visitamos a Xunta de Galicia e máis o Parlamento. Alí aprendemos moito sobre como se toman as decisións na nosa comunidade e ata nos sentimos os propios gobernantes por un anaco!









domingo, 10 de noviembre de 2019

Descubrimos o Braille!!


O venres estivemos a traballar co sistema de lectura e escritura Braille. Puidemos saber un pouquiño máis do día a día das persoas invidentes e así fomentar a inclusión e o respecto á diversidade.
Dende a ONCE deixáronnos un libro táctil e máis alfabetos para cada un de nós. Con todo este material puidemos mandar mensaxes aos nosos compañeiros e mesmo escribir en Braille o noso nome!










domingo, 3 de noviembre de 2019

Samaín


Celebramos o Samaín! Que ben o pasamos!











O Sistema Solar

Para coñecer máis profundamente o noso Sistema Solar fixemos unhas maquetas fermosas. Dividimos a clase en catro grupos e cada un deles tiña que representar un aspecto diferente do noso sistema: os planetas, os diferentes movementos, as capas da Terra e máis a Lúa.
Para rematar amosamos e explicamos o noso proxecto aos compañeiros, así todos aprendimos de todos.













Día da Biblioteca


O 24 de outubro é o Día da Biblioteca e dende a clase de 5ºA creamos un fermoso pin e máis un conto para celebralo. Nel narramos a historia do Vermiño Verde, a mascota da nosa biblioteca. Despois xuntámonos cos compañeiros de varias clases e contamos os nosos contos. Tiñades que ver que historias máis divertidas xurdiron!