viernes, 25 de octubre de 2019

A bailar!

Os mestres da academia de baile Gravitty viñeron a ensinarnos un pouquiño de baile moderno. Pasámolo moi ben con eles e non paramos de bailar durante unha hora.





Aprendendo coa Garda Civil!


O día 30 de setembro fixemos unha saída a Bonxe para ver unha exhibición da Garda Civil.
Alí levamos a cabo moitas actividades coma a  análise da pegada dixital, a visualización do material de traballo, unha exhibición canina, un rescate e ata unha proba de alcoholemia a cada un dos nosos alumn@s.






Semana do clima


No mes de setembro o  CEIP Laverde Ruíz conmemorou a semana do clima. Despois de levar a cabo diferentes actividades,  rematamos amosando os nosos carteis de compromiso co medio ambiente.



Benvid@s!!!


Benvidos e benvidas ao noso blog!
Nesta páxina iremos compartindo con todos vós un anaquiño do noso traballo diario.