sábado, 20 de junio de 2020

Liñas do tempo


Como actividade final tiñades que diseñar a vosa propia liña do tempo, os resultados están sendo incribles.








domingo, 14 de junio de 2020

Última semana!

Boas tardes,

Pouquiño a pouco chegamos á última semana de curso e neste caso o traballo vai a ser totalmente diferente.

Sabedes o que é unha liña do tempo?  É unha ferramenta que nos permite ordenar de maneira moi visual unha serie de feitos ou acontecementos.

Esta semana ideas a facer a liña do tempo deste curso, nela cada un de vós marcará os feitos máis importantes ou os mellores momentos dende setembro ata xuño.
Déixovos unha serie de imaxes de liñas do tempo para que vos poidan servir como exemplo e máis unha pequena explicación.


                                  






Unha vez feitas, podedes enviarmas e subireinas ao blog como actividade de despedida do curso 2019 - 2020.


Antes de rematar quería darvos as grazas polo voso traballo nestes meses e polo curso en xeral, despedirémonos coa vídeo chamada do martes. Moito ánimo!

domingo, 7 de junio de 2020

Lévame a casa

Na clase de 5ºA traballamos a curtametraxe "Llévame a casa" e a partir de aí diseñamos uns fermosos carteis denunciando o abandono animal e promovendo a adopción de mascotas.




Seguinte semana

Bos días,

Imos a pola última semana de repaso, ánimo que xa non queda nada!!


Matemáticas


  • Esta semana imos a facer un repaso xeral, para iso realizaremos o repaso trimestral do libro, páxinas 170 - 171.

Lingua Castelá


  • Da mesma maneira que en matemáticas, imos a realizar uns exercicios de repaso xeral.
         Actividades de repaso

  • Tamén imos a recordar a división das oracións en suxeito e predicado facendo unha breve actividade. Para que vos resulte máis sinxela déixovos un pequeno vídeo explicativo.

          Actividad de sujeto y predicado                            Vídeo explicativo

Lingua Galega


  • Imos a realizar un xogo de escritura con dados, pero esta vez en galego.
         Actividad de escritura





Moito ánimo a todos e vémonos o martes na vídeo chamada!

domingo, 31 de mayo de 2020

Unha semana máis

Bos días a todos,

Imos a por unha semana máis, xa queda pouquiño e estades a facelo moi ben!


Matemáticas:


  • Repasaremos o cálculo e as operacións decimais, para iso tedes unhas actividades de repaso.
         Actividades de repaso

  • Imos a ver a última magnitude do tema 10, a masa. Para iso realizaredes os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 162.



Lingua Castelá:


  • Continuaremos o repaso do verbo, esta vez vendo o modo. Para iso déixovos un pequeno vídeo explicativo e unha serie de actividades que van acompañadas de apuntes.


         Vídeo explicativo      Actividades

  • Seguimos traballando os esquemas facendo un pequeno exercicio.
       Facer esquema



Lingua Galega:


  • Lectura comprensiva da páxina 158-159 e realizar as actividades de comprensión 1, 2, 3, 4 e 7 das páxinas 160 e 161.

  • Repaso do verbo en galego facendo os exercicios 2 e 4 da páxina 164 e 165.







Unha semana máis teremos vídeo chamada o martes e o xoves ás 11:00.



Moito ánimo a todos!

domingo, 24 de mayo de 2020

Seguinte semana

Bos días a todos,

Unha semana máis déixovos por aquí material para estes días. Xa queda pouquiño e estades a facelo moi moi ben!

Matemáticas

  • Imos a repasar as operacións combinadas e máis as potencias. Para iso tedes uns exercicios que veñen acompañados de pequenas explicacións e recordatorios.

         Actividades

  • Por outra banda imos a continuar traballando a capacidade,  realizando o exercicio 6 da páxina 161 e o exercicio 5 da páxina 166 do libro.
     



Lingua Castelá


  • Esta semana continuaremos ampliando o coñecemento sobre o verbo, repasando os tempos verbais: Presente, pasado e futuro.  Para eso realizaredes as actividades do libro 1, 2, 3, 4 e 6 da páxina 163 e máis unhas pequenas actividades de ampliación.

          Actividades do libro                                   Actividades de ampliación


  • Así mesmo faremos a lectura da páxina 188 e 189 e as actividades 1,2,3, 5, 9 e 10 da páxina 190.



Lingua galega


  • Imos a seguir ampliando o noso vocabulario de galego e máis traballando os xentilicios, descubrindo así un pouquiño da nosa xeografía. Para iso realizaredes os exercicios 1, 2, 3, 5, e 7 das páxinas 162 e 163.
          Exercicios de vocabulario


  • E non podía ser unha semana sen actividade de escritura, non? Pois esta vez imos a traballar a descrición.  Na páxina 169 do libro de galego tedes unha explicación e máis unha pequena actividade introdutoria á descrición. Faredes o exercicio 2 e a partir de aí escribide un pequeno texto (8 liñas) contando como é o voso lugar preferido.

         Descrición






Lembrade que esta semana temos vídeo-chamada o martes e o xoves ás 11:00.


Moito ánimo!