O pasado mes de xaneiro fomos de excursión e coñecemos moitos sitios novos! Visitamos o Aquarium Finisterrae, a Domus e máis a Casa das Ciencias.
jueves, 20 de febrero de 2020
sábado, 25 de enero de 2020
O NOSO MUNDO
Na área de Plástica fixemos un proxecto moi
chulo.
Cada un de nós construíu un reloxo analóxico para
traballar as horas. Posteriormente, investigamos que hora sería en
diferentes partes do mundo cando en Madrid son as 12:OO.
Con este traballo coñecemos un pouquiño máis
do noso mundo e descubrimos os diferentes fusos horarios.
martes, 7 de enero de 2020
Eleccións!
Antes de rematar o ano, na aula de 5º A fixemos unhas eleccións.
Non había mellor maneira de comprender e coñecer o noso sistema político que simulándoo e divertíndonos ao mesmo tempo que aprendemos. Non nos faltaba nada, tiñamos presidentes dos nosos partidos, mesa electoral, urna, papeletas...
sábado, 14 de diciembre de 2019
Temos visita!
O día 10 de decembro coñecemos un pouquiño máis da Protectora de animais e plantas de Lugo. Tivemos moitas visitas ese día no cole! Contamos con dúas das voluntarias de dita organización que nos explicaron en qué consistía a protectora, como debiamos actuar se atopamos un animal perdido, cal é a maneira de tratar aos animais, amosáronnos fotos, vídeos e mesmo nos contaron un bonito conto.
Por se fose pouco, trouxeron tres fermosos canciños ao cole e todos nós puidemos coñecelos e acariñalos.
Con todo isto puxemos en marcha a nosa campaña de Nadal. Dende o CEIP Laverde Ruíz levaremos a cabo unha recolecta para mellorar a vida de todos os animais da protectora. Para iso podedes doar diversidade de cousas: comida, xoguetes, chuches, deterxentes... animádevos a participar!
jueves, 5 de diciembre de 2019
Xogos interactivos
Aquí tedes un listado de xogos que podedes empregar para repasar o mapa de España.
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad
https://mapasinteractivos.didactalia.net/
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos
miércoles, 4 de diciembre de 2019
25 - N
Dende o noso cole rexeitamos totalmente a violencia de xénero e fixemos varias actividades para demostralo. Entre todos os alumnos/as creamos o noso lazo en sinal de protesta.
Por outra banda, na aula de 5º A levamos a cabo un concurso de carteis. Cada alumno fixo o seu cartel reivindicativo e crearon verdadeiras obras de arte.
Por outra banda, na aula de 5º A levamos a cabo un concurso de carteis. Cada alumno fixo o seu cartel reivindicativo e crearon verdadeiras obras de arte.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



































