miércoles, 26 de febrero de 2020

Entroido



A semana pasada celebramos o entroido no CEIP Laverde Ruíz. En 5ºA representamos o conto dos 101 Dálmatas e pasámolo moi ben!




Enciclopedia de animais



Tras longas investigacións, os nosos alumnos aprenderon un chisquiño máis dos animais. 

Cadaquén elixiu un animal e buscou información e curiosidades para despois expoñelo na aula e así aprendermos todos xuntos.



 Finalmente, fixemos unha enciclopedia  preciosa que xa forma parte da nosa biblioteca da aula!



Aprendemos mercando




Non existe mellor maneira de traballar os números decimais que facendo a compra.







jueves, 20 de febrero de 2020

CB BREOGÁN



Esta semana tivemos visita! Viñeron a vernos os xogadores, o adestrador e a mascota do CB Breogán e pasámolo xenial con eles.





Excursión!



O pasado mes de xaneiro fomos de excursión e coñecemos moitos sitios novos! Visitamos o Aquarium Finisterrae, a Domus e máis a Casa das Ciencias.










sábado, 25 de enero de 2020

O NOSO MUNDO



Na área de Plástica fixemos un proxecto moi chulo.
Cada un de nós construíu un reloxo analóxico para traballar as horas. Posteriormente, investigamos que hora sería en diferentes partes do mundo cando en Madrid son as 12:OO.
Con este traballo coñecemos un pouquiño máis do noso mundo e descubrimos os diferentes fusos horarios.






martes, 7 de enero de 2020

Eleccións!

Antes de rematar o ano, na aula de 5º A fixemos unhas eleccións. 
Non había mellor maneira de comprender e coñecer o noso sistema político que simulándoo e divertíndonos ao mesmo tempo que aprendemos. Non nos faltaba nada, tiñamos presidentes dos nosos partidos, mesa electoral, urna, papeletas...