domingo, 24 de mayo de 2020

Seguinte semana

Bos días a todos,

Unha semana máis déixovos por aquí material para estes días. Xa queda pouquiño e estades a facelo moi moi ben!

Matemáticas

  • Imos a repasar as operacións combinadas e máis as potencias. Para iso tedes uns exercicios que veñen acompañados de pequenas explicacións e recordatorios.

         Actividades

  • Por outra banda imos a continuar traballando a capacidade,  realizando o exercicio 6 da páxina 161 e o exercicio 5 da páxina 166 do libro.
     



Lingua Castelá


  • Esta semana continuaremos ampliando o coñecemento sobre o verbo, repasando os tempos verbais: Presente, pasado e futuro.  Para eso realizaredes as actividades do libro 1, 2, 3, 4 e 6 da páxina 163 e máis unhas pequenas actividades de ampliación.

          Actividades do libro                                   Actividades de ampliación


  • Así mesmo faremos a lectura da páxina 188 e 189 e as actividades 1,2,3, 5, 9 e 10 da páxina 190.



Lingua galega


  • Imos a seguir ampliando o noso vocabulario de galego e máis traballando os xentilicios, descubrindo así un pouquiño da nosa xeografía. Para iso realizaredes os exercicios 1, 2, 3, 5, e 7 das páxinas 162 e 163.
          Exercicios de vocabulario


  • E non podía ser unha semana sen actividade de escritura, non? Pois esta vez imos a traballar a descrición.  Na páxina 169 do libro de galego tedes unha explicación e máis unha pequena actividade introdutoria á descrición. Faredes o exercicio 2 e a partir de aí escribide un pequeno texto (8 liñas) contando como é o voso lugar preferido.

         Descrición






Lembrade que esta semana temos vídeo-chamada o martes e o xoves ás 11:00.


Moito ánimo!












No hay comentarios:

Publicar un comentario