lunes, 30 de marzo de 2020

Terceira semana na casa


Bo día,

para esta terceira semana na casa facilítovos as seguintes recomendacións.

Matemáticas:

  •  Realizar algunhas divisións e multiplicacións cada día con números decimais.
  •  Resolver un problema matemático diario, traballando e repasando así a resolución de  problemas.
  •  Repasar as divisións e multiplicacións entre 10, 100 e mil.


Para todo isto adxúntovos uns documentos con exercicios e as súas correspondentes solucións por se vos poden facilitar o día a día, pero calquera exercicio similar será útil e positivo para o traballo nesta semana. De igual maneira, tamén poden aproveitar os exercicios que aparecen no libro de matemáticas nos repasos acumulativos ou nos exercicios de repaso do final dos temas xa traballados na aula.


Exercicios de matemáticas

Problemas de matemáticas

Soluciones de los problemas




Lingua castelá e lingua galega:

                   
  •  A principal recomendación é ler, ler moito e ler cada día. Poden ler libros, noticias, contos, cómics... o que eles decidan e lles resulte motivador.
  •  Realizar resumos. Poden resumir un libro que leran, un capítulo dun libro, unha noticia ou mesmo unha película que viran nestas semanas, así traballan a comprensión e máis a escritura.
  • Adxúntovos outra serie de textos para dictados ou copias.
             Textos para dictados/copias
  • Finalmente, a actividade que vos propoño para esta semana é a seguinte:


Creación dun conto de aventuras. Para iso poden empregar o documento que aquí vos presento, facilitándolles a creación do conto.

           Creación dun conto

Esta historia debe ter unha lonxitude mínima de 13 liñas. Deben lembrar que ten que ter unha introdución, un nó e un desenlace, manter as marxes, coidar a ortografía, empregar comas, puntos, maiúsculas...  Podedes realizalo tanto en galego como en castelán.

Unha vez feita a actividade anterior van a diseñar un cómic representando o seu conto.

Deberá ter como mínimo 5 viñetas, cos seus correspondentes debuxos e diálogos, traballando así a parte artística e linguística.
Cando volvamos ao cole xuntaremos todos os cómics, amosarémolos aos compañeiros e crearemos un novo libro para a nosa biblioteca de aula.




Enlaces de xogos interactivos de repaso. 

Lembrade que son simplemente recomendacións por se vos poden facilitar o traballo, en ningún caso son obligatorios nin necesario o seu uso, debido a que cada un de nós ten unha situación  e uns medios diferentes.

Xogo de multiplicacións

Xogo de divisións

Xogo de repaso das tablas

Repaso do tema As plantas 



Moito ánimo para todos!


1 comentario: