domingo, 17 de mayo de 2020

Semana dez

Boa tarde,

Empezamos unha nova semana e xa son dez, repítovos unha vez máis que estou moi contenta co ben que estades a traballar todos. Imos a ver agora o traballo para esta semana.


Matemáticas

  • A semana pasada repasamos os múltiplos, esta semana imos a ver os divisores e os criterios de divisibilidade. Para iso déixovos dúas actividades de repaso que van acompañadas dunha pequena explicación e un vídeo que vos pode axudar a recordar.
             Actividade 1           Actividade 2             Vídeo explicativo


  • Tamén imos a continuar co traballo das magnitudes, estas semanas traballamos a lonxitude, agora imos a empezar a ver a capacidade. Neste caso déixovos o enlace a dous vídeos que vos axudarán a lembrar o traballado en cursos anteriores. 
          As actividades a realizar son a actividade 1 e 2 da páxina 160 do libro.   
          Déixovos a imaxe do libro para aqueles que non o teñades.
     
         Actividades capacidade(libro)        Vídeo 1    Vídeo 2



Lingua Castelá

  • Imos a seguir repasando o verbo, neste caso empezamos a ver a persoa e o número. 
          Actividade 1              Actividade 2                Cuadro resumen.
  • Igual que fixemos as semanas anteriores imos a seguir traballando os esquemas e os resumos. Neste caso ides a facer un pequeno esquema dun texto.
                                       Esquema
  • Realizaredes lectura do tema 12 do libro, páxinas 172 e 173, e os exercicios 1, 2, 3, 5 e 9 da páxina 174.


Lingua Galega

  • En galego tamén empregamos verbos, por iso imos a traballar este contido en ambas linguas. Faredes os exercicios 1, 2, 5 e 6 das páxinas 148 e 149 do libro. Déixovos a imaxe para os que o precisedes.
          Actividades do libro de lingua




A maiores esta semana vou a propoñervos unha actividade diferente.


  • Sabedes que este curso no cole estabamos a traballar os animais e o seu coidado, imos a seguir facéndoo dende a casa. Para os que queirades, plantéxovos ver o seguinte curto  Llévame a casa respecto á adopción animal. A partir de aí podedes crear un cartel para concienciar á poboación da importancia deste feito.


Dentro de dúas semanas colgarei os carteis recibidos no blog.




Lembrade que esta semana teremos vídeochamada o martes e o xoves ás 11.00, O martes traballaremos o verbo e o xoves as actividades de matemáticas.



Moito ánimo!!


domingo, 10 de mayo de 2020

Novena semana


Boas tardes,

Esta semana vai a ser un pouquiño máis relaxada, porque levades varias semanas traballando moi ben e merecedes un respiro.  Podedes aproveitala para repasar cousas, facer tarefas atrasadas, ler moito...


Matemáticas

  • Imos a continuar traballando a lonxitude. Para iso ides a facer os exercicios 2,3 e 4 da páxina 166 do libro.
  • Esta semana imos a repasar os múltiplos que tamén foi un tema que nos resultou un pouquiño complicado. Para iso déixovos un pequeno vídeo que vos pode axudar, a páxina do libro coa explicación e algúns exercicios e máis unhas pequenas actividades de repaso.

               Vídeo explicativo           Actividades 1           Actividades 2

Lingua Castelá


  • A semana pasada empezamos a ver unha nova clase de palabra: o verbo. Imos a continuar traballándoo esta semana.
        Actividades verbos

  • Agora propóñovos unha nova actividade, facer un resumo. É moi importante que saibades identificar as ideas clave dun texto e resumilo, así que ides a practicar pouquiño a pouco.
        Resumen



Lingua Galega


  • Imos a ampliar o noso vocabualario de galego facendo os exercicios 1, 2, 3 e 5 das páxinas 146 e 147. Déixovos a imaxe das páxinas do libro para aqueles que non o tedes na casa.
           Exercicios de vocabulario

  • A actividade de escritura desta semana vai ser unha carta. Déixovos unha imaxe de como se estruturan as cartas para que vos axude. Debedes contarlle a un amigo ou amiga que pasou, como está sendo esta situación para vós, que cousas estades a facer ... Xa sabedes que pode ser totalmente inventada. Ten que ter mínimo 10 liñas o corpo da carta (Non conta o saúdo e a despedida).   
       Estrutura da carta



Para rematar, como o domingo é o día das letras galegas e se lle dedica a Ricardo Carvalho Calero déixovos un "escape room" sobre el por se queredes entretervos un ratiño e máis descubrir moitas curiosidades sobre este autor.


Xogo das letras galegas





Moito ánimo a todos e lembrade que temos videochamada o xoves ás 11.00!




domingo, 3 de mayo de 2020

Oitava semana


Boas tardes a todos,

Unha semana máis continuamos co noso traballo, esta vez imos a mesturar repasar contidos con ver algúns novos este curso, pero xa vistos con anterioridade.

Matemáticas

  • Imos rematar o repaso do tema 6, que xerou varias dúbidas esta semana, para iso déixovos uns pequenos apuntes e máis actividades.
           Ampliación tema 6       Actividades de repaso    Apuntes 1         Apuntes 2
  • Imos empezar a ver a lonxitude esta semana. Xa falamos dela na videochamada do xoves e retomaremos o tema na desta semana para aclarar calquera dúbida. Tedes un pequeno vídeo que vos vai a aclarar moito os conceptos e a partir de aí tedes dous pequeniños exercicios acompañados dalgún apunte e exemplo.
       Vídeo explicativo    Exercicios de lonxitude


Lingua Castelá

  • A ortografía é fundamental nesta área así que imos a traballar a terminación -z e -d que ás veces leva a confusión. Imos a empregar o libro do 3º trimestre facendo os exercicios 2,3,4,8,9 e 10 das páxinas 164 e 165. A maiores déixovos uns pequeniños textos para ditados por se queredes practicar e máis uns enlaces a xogos interactivos para repasar este contido.
         Texto para ditado           Xogo 1                 Xogo 2
  • Continuaremos co repaso das clases de palabras que xa coñecemos e vamos a intentar identificar esta semana unha nova clase de palabra: o verbo. Para eso tedes unha ficha de repaso e máis un vídeo explicativo.
          Vídeo explicativo          Ejercicios de lengua

Lingua Galega
  • Esta semana imos facer unha actividade de comprensión diferente, ides a facer un pequeniño esquema.                Exercicio para facer esquema
  • Repasamos as palabras con NH.
          Exercicios de repaso


Ciencias Naturales  e  Plástica


  • Ao longo de dúas semanas ides a realizar un pequeniño proxecto no que traballaremos as ciencias naturais e máis a área de plástica. Déixovos as instrucións aquí colgadas, o xoves comentaremos todas as dúbidas do proxecto na videochamada.


                                                            Instrucións



Lembrade que o xoves temos videochamada as 11.00!


Moito ánimo a todos!




miércoles, 29 de abril de 2020

Videochamada


Boa tarde,

Coméntovos aquí de novo como imos a facer coa videochamada.

Ordenador


  1. Entrar en enlace Webex
  2. Facer clic na parte superior en "ÚNANSE"
  3. Información ou URL da reunión: Poñede o número que vos enviei por Abalar.
  4. Nombre: Nome do alumno/a
  5. Dirección correo: nonresponder@edu.xunta.gal  (Poñede esta dirección de correo tal como vos aparece)




Móbil/ Tablet/ iPad


  1. Descargar a aplicación Cisco Weebex Meeting
  2. Pulsar en "UNIRSE A LA REUNIÓN"
  3. Información o URL da reunión: Poñede o número que vos enviei por Abalar.
  4. Nombre: Nome do alumno/a
  5. Dirección correo: nonresponder@edu.xunta.gal  (Poñede esta dirección de correo tal como vos aparece)

  6. Pulsar na parte superior en UNIRSE



Lembrade activar o micrófono e a cámara.


En algúns casos xa non vos pide o nome e a dirección de correo, simplemente co número que vos enviei xa vos deixa entrar. O único que tedes que facer é unirvos á reunión na hora que vos indiquei.


  • Déixovos un tutorial da Xunta por se o entendedes mellor así.




Un saúdo













domingo, 26 de abril de 2020

Próxima semana

Boas tardes,

Esta semana imos a traballar un pouquiño máis, que o estades a facer moi ben, estou moi contenta con todos vós! Déixovos as recomendacións para os próximos días.

Matemáticas

  • Imos a repasar o tema 6, foi un tema que nos xerou moitas dúbidas e así refrescamos un pouquiño a memoria.  Para iso cólgovos uns pequeniños apuntes por se vos poden servir de axuda. 
                                    Apuntes 1               Apuntes 2            

          A partir de aí ides a realizar os seguintes exercicios do libro : Páxina 92 exercicio 2, 3,
          páxina 94 exercicio 1 e páxina 100 exercicio 3, 4 e 6.
          Déixovos unha imaxe dos exercicios para aqueles que non teñan o libro.

                                            Exercicios do libro 

          A maiores tedes unha pequena ficha de ampliación destes contidos traballados.

                                           Ficha de ampliación

  • Continuamos repasando contidos e habilidades esenciais. Tedes uns exercicios na seguinte imaxe e un pequeno vídeo explicativo que pode axudarvos a entender mellor as divisións e multiplicacións entre 10, 100 e 1000.
                    Vídeo explicativo multiplicar e dividir por 10, 100 e 1000.

                                        Exercicios de repaso


  •  Facilítovos as solucións dos exercicios da semana pasada.

                                             Solucións


Lingua castelá e literatura


  • Esta semana ides a facer a comprensión lectora do tema 11 (Páxina 158-159), xunto cos exercicios da páxina 160.
  • Vamos a traballar un pouquiño a ortografía, para iso imos aprender a diferenciar HAY,AHÍ e AY, déixovos un vídeo explicativo e uns exercicios para practicalo. Se podedes, copiade os exercicios na libreta, fixándovos así na ortografía.
                         Vídeo explicativo                              Exercicios

  • Finalmente, como o xoves foi o Día do Libro, cada un de vós vai a facer unha redacción contándome cal é o seu libro favorito, de que trata, por que vos gustou tanto...  Deberá ter un mínimo de 10 liñas e lembrade o que sempre vos digo: as marxes, maiúsculas, revisade a ortografía, poñede puntos, comas.... Podedes rematar a redacción cun debuxo ilustrativo do conto.



Lingua galega e literatura


  • Traballaremos esta semana uns pequenos exercicios de repaso que vos deixo na seguinte imaxe.
  • Esta semana ides a crear unha pequena historia a partir dunhas viñetas. Ten que ter unha extensión mínima de 10 liñas.
Conto con viñetas




A maiores déixovos unha serie de vídeos por se vos apetece facer un pouquiño de exercicio na casa.

 Juegos para hacer dentro de casa
Covid19- Educación Física



Moito ánimo unha semana máis!

lunes, 20 de abril de 2020

Seguimos na casa...unha semana máis!


Bo día a todos,

Esta semana imos a continuar traballando un pouquiño, repasando o visto ata agora e traballando esas competencias tan importantes.


Matemáticas

Imos aproveitar que todos tedes os libros de matemáticas na casa para traballar sobre eles e descansar así tamén un pouco das pantallas. Por agora imos a seguir co libro do segundo trimestre esta semana.

Repaso do tema 9


  • Olleade o tema, revisade os exercicios que xa tedes feitos e corrixidos e anotade todas as dúbidas que teñades con este tema.



  • Páxina 151 o exercicio 11 e 12 (os apartados que teñades sen facer), son problemas da materia xa dada, podedes consultar o contido do tema.



  • Páxina 153 realizar o exercicio 3, 4, 5, 8, 9,10,11,12 e 13,14 e 15.
Neste caso non tedes as solucións pero podedes enviarmos ao correo e eu corrixoos, e se nalgún tedes dúbidas consultádemas ou anotadeas nos exercicios para despois enviarmos.



Lingua castelá e literatura



  • Unha comprensión lectora. Tedes dúas opcións, aos que teñades o libro de lengua podedes empregar a lectura do tema 10  e os exercicios da páxina 143 (1, 2, 3, 4, 5, 7 y 9),  se vos resulta máis práctica e os que prefirades deixovos unha lectura cos seus correspondentes exercicios. Se calquera das opcións vos resulta complicada, lede un capítulo dun libro, unha noticia... e facede un resumo.

Lectura

  • Imos a facer un pequeno xogo para repasar todas as clases de palabras. Na seguinte imaxe tedes o recadro que debedes debuxar nun folio ou na libreta e a partir de aí, completade cada casilla seguindo o exemplo. As palabras deben empezar pola letra que vos aparece, se queredes podedes engadir vós máis letras.
  • Vamos a continuar repasando os contidos deste segundo trimestre, para iso imos a lembrar os prefixos e sufixos (Traballámolos en lingua galega tamén). Na seguinte imaxe atopades un pequeno resumo, a partir de aí debedes completar o cadro con 10 palabras de cada tipo.



Lingua galega e literatura



  • O exercicio de escritura desta semana vai a ser en galego. A partir da imaxe seguinte debedes crear a vosa historia. Seguides as pautas que vos indico.



Actividade de escritura





Moito ánimo a todos!








lunes, 13 de abril de 2020

Quinta semana


Boa tarde,

agora que xa rematamos as vacacións de Semana Santa, voltamos ao traballo!

Nesta semana imos a seguir repasando o traballado ao longo do curso.

Lingua galega e lingua castelá:


  • Seguide a ler, lede un pouquiño todos os días e a facede pequenos resumos.
  • Suxírovos un novo exercicio de escritura, neste caso ides a crear un conto seguindo o seguinte xogo. A medida que tiredes o dado iredes conseguindo o personaxe, o lugar e a trama do voso conto. A partir de aí tedes que crear unha historia de mínimo 15 liñas.
  • Na seguinte actividade ides a demostrar as vosas dotes artísticas ao mesmo tempo que traballades a comprensión lectora. Tedes que ler o seguinte texto e debuxar todo o que se vos conta no texto.

  • Para rematar imos a repasar as clases de palabras que vimos ao longo do curso, para eso tedes no seguinte documento un pequeno esquema e uns exericios de repaso.


Matemáticas:

  • Imos a contiunar esta semana repasando con exercicios de cálculo e pequenos problemas. A maiores, esta vez, ides a ser vós quenes deseñedes uns cantos problemas.



Ciencias sociais:

  • Repasade as provincias e as comunidades autónomas do noso país. Podedes coller un xornal e situar todas aquelas que vexades ou leades nas noticias, empregade o mapa que vos mesmos creastedes na aula, debuxade un novo mapa, utilizade os xogos interactivos que tedes en entradas anteriores, etc.



Podedes enviarme os vosos exercicios ou textos para corrixir, así como todas as dúbidas por correo electrónico.

Moito ánimo para todos!